APLYSIA PUNCTATA
Esta imaxe, publicada en infomiño.com (onde facían a pregunta de que sería: espaguetes...) hai uns días, efectivamente, tal como apauntaba a publicación, son cintas sinuosas de ovos colorados de Aplysia punctata. As cintas conteñen ata 135.000 ovos de cor amarelo-marrón.
A Aplysia punctata é unha especie de molusco gasterópodo da orde Opisthobranchia. É coñecida polos nomes de lebre de mar, babosa mariña, tinteiro...Esta é a súa clasificación:
| Reino: | Animal |
|---|---|
| Filo: | Molusco |
| Clase: | Gasterópodo |
| Orde: | Opisthobranchia |
| Suborde: | Anaspidea |
| Familia: | Aplysiidae |
| Xénero: | Aplysia |
| Especie: | A. punctata |
Como curiosidades indicar que é vexetariana, alimentándose de algas; que non nada senón que se despraza deslizándose polo seu pé; é hermafrodita pero non é autofecundante, senón que necesita unha parella para a reprodución e o seu tamaño vai dos 2-4 cm ata os 20 cm.
A natureza non deixa de sorprendernos!
0 comentarios