ADIVIÑA O ANIMAL XII

A contestación correcta á pregunta de onte é SERPE MALAYA.
Non é tan coñecida como a serpe de cascabel, a cóbra filipina ou a víbora da morte pero o seu veleno é 16 veces máis potente que o da cobra. A serpe malaya ou krait azul (Bungarus candidus) é a máis mortal desta especie. Pode alcanzar unha lonxitude total de 108 cm, cunha cola de 16 cm de longo. Adoita ter tonalidades con franxas marrón escuro, negro, ou azul-negro, separadas por amplos espazos intermedios amarelados ou brancos.
E agora, a pregunta de hoxe:
Este simpático animal é un dos mamíferos máis pequenos do mundo. É...
- Sarigüeia anana
- Furafollas pequeno
- Aie aie
- Xerbo pigmeo
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Revista Muy Interesante
0 comentarios