Blogia
vgomez

MINERAIS RAROS V: COBALTARTHURITA

A xeoloxía é un campo incriblemente diverso co que podemos aprender moito sobre o noso planeta Terra. Unha das facetas máis curiosas desta ciencia é a dos minerais máis raros do planeta. 

Hai minerais moito máis estraños que os diamantes; máis de 5.000 especies minerais coñecidas na Terra, desde o omnipresente cuarzo pasando pola finguerita, a ichnusaite, a nevadaita, a ottoita, da que no último día falamos, ou o protagonista de hoxe a Cobaltarthurita. 

A cobaltarthurita está clasificada como un mineral raro de categoría dúas. Está formada por cobalto e axustada cun elemento arsénico descoñecido.

A súa fórmula é (Co,Mg)Fe3+2(AsO4)2(OH)2·4(H2O)

Só atopouse en catro localidades e toda a cobaltarthurita que existe no mundo cabería nun dedal.

A súa cor é marrón, con cristais aciculares ou costras botrioidais. A súa dureza é 3,5-4.

O gran valor destes minerais para a humanidade é que neles residen probas craves sobre as condicións e os elementos que había baixo a superficie cando eles creáronse, así como datos sobre as turbulencias biolóxicas do pasado.

Fin!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e elpais.com/ciencia       Imaxe: Robert Downs (Universidade de Nevada)

0 comentarios