SMOS
Primeira imaxe enviada polo SMOS (ESA)
O SMOS (Soil Moisture and Ocean Salinity), satélite lanzado o pasado día 2 dende o cosmódromo ruso de Plesetsk e que se atopa en órbita sobre os polos a uns 758 km da superficie terrestre, escomenzou a enviar datos.
Aínda que en fase de ensaio, o instrumento MIRAS (radiómetro de microondas), acaba de enviar a primeira imaxe e que a ESA (Axencia Europea do Espazo) acaba de presentar. Este satélite foi deseñado para coñecer mellor o ciclo da auga do planeta, medindo a humidade do solo e a salinidade dos océanos.
0 comentarios