UN LAGO COAS AUGAS MÁIS SALGADAS QUE O MAR MORTO
Temos que viaxar ata a Depresión de Afar en Djibouti, que forma parte do sistema Rift de África Oriental, no punto máis baixo de África, para atopar un lago cuxas augas son mesmo máis salgadas que as do mar Morto onde as súas augas hipersalinas posibilitan flotar con gran facilidade. O lago Assal é unha marabilla natural extraordinaria que fascinou a viaxeiros e científicos por igual.
Este lago hipersalino atópase a 155 metros baixo o nivel do mar, o que o converte no punto máis baixo do continente africano. Ten aproximadamente 19 quilómetros de longo e 7 quilómetros de ancho e está rodeado de montañas volcánicas, todas elas durmidas no punto de menor altitude deste continente.
Primeiro habemos de coñecer a salinidade do mar Morto para ver a diferenza: a salinidade do mar Morto oscila entre 350 e 370 gramos por litro; a súa concentración de sal é por tanto maior do 30%. A auga do lago é case dez veces máis salgada que os océanos. No lago Assal, os niveis de salinidade poden chegar ata o 34,8 %; a 20 metros de profundidade, esta cantidade ascende ao 40%.
A salinidade do lago xorde da intensa evaporación que ocorre na rexión, combinada coa falta dunha entrada significativa de auga doce. A auga evapórase, deixando depósitos de sal que forman unha enorme costra de sal que rodea o lago. Estes depósitos de sal, que poden medir ata 60 metros de espesor, foron un recurso valioso durante séculos, onde poboacións como o pobo Afar que foi extraendo o sal para o comercio. A día de hoxe, séguese cultivando o sal, o que proporciona unha fonte de ingresos importante para a poboación local.
O lago Assal é considerado o corpo de auga con maior salinidade fóra da Antártida. A súa concentración de sal é comparable coa do Garabogazköl e superior, tal como dixemos, ao mar Morto (a miúdo considerado incorrectamente o lago máis salgado do mundo). Só uns poucos lagos hipersalinos nos vales secos de McMurdo da Antártida, como a lagoa Don Juan, supérano en salinidade.
FONTE: muyinteresante.es e es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios