SOBRE AS MAREAS II
Tal como quedamos onte, comezo hoxe unha serie de curiosidades sobre as mareas, a partir das explicacións do xornalista e divulgador científico Marcus Chown, no seu libro "Gravidade. Unha historia da forza que o explica todo" (Blackie Books, 2019).
1. Ten algo que ver o Sol coas mareas?
O primeiro investigador das mareas, Piteas, decatouse de que a Lúa non é o único obxecto celeste que inflúen nas mareas. O Sol tamén o fai. O noso satélite e a nosa estrela son os corpos con máis atracción gravitatoria sobre o noso planeta, o que ocorre é que o primeiro está moito máis preto que o segundo. Por iso é polo que sexan máis perceptibles as mareas por acción da Lúa.
Con todo, as máis potentes son as que combinan ambos os astros, o que sucede nas estacións intermedias. Marcus Chown explícao así: «A Terra vira como unha peonza inclinada. O que significa que a órbita lunar tamén está inclinada. A xeometría da situación propicia que o único instante no que a Lúa e o Sol están perfectamente aliñados e tiran dos océanos terrestres con forza máxima é cando a Terra ocupa un punto dentro da súa órbita a medio camiño entre o verán e o inverno; é dicir, na primavera e outono».
FONTE: Patricia Biosca/abc.es/ciencia
0 comentarios