SOBRE AS MAREAS
Mareas / Imaxe: astromia.com
As mareas son un espectáculo que fascinou ao ser humano dende que se decatou dos ciclos do mar. Resulta difícil pensar que o Homo erectus, no seu periplo polas costas oceánicas dende o berce da vida africana, non se decatara de que dúas veces ao día o océano sobe e baixa. Non foi ata o 330 a. C. cando o mariño e explorador grego Piteas deuse conta de que fóra da tranquilidade do mar Mediterráno, no océano Atlántico, as mareas eran moito máis acusadas en lúa chea e lúa nova, o que lle suxeriu que o noso satélite tiña moito que ver o comportamento das nosas augas. E non só iso: tamén se decatou de que o Sol estaba relacionado con ese movemento arriba e abaixo, porque primavera e outono eran os momentos nos que este fenómeno natural cobraba aínda máis forza.
Máis tarde Johannes Kepler insinuou que as mareas eran consecuencia da atracción magnética que a Lúa e o Sol exercían sobre os océanos. E na obra máis famosa de Isaac Newton, «Principia», introduciu un concepto novo que daba unha explicación a estes fenómenos que non só aplicábase na Terra, senón tamén no espazo: a Gravidade. E a consecuencia máis notable desta interacción invisible eran as mareas.
A partir de mañá, teredes unha serie de artigos sobre curiosidades deste fénómeno que igual non coñeces.
FONTE: patricia Biosca/abc.es/ciencia
0 comentarios