Blogia
vgomez

O TRÁNSITO DE VENUS POR DIANTE DO SOL

O 5 de xuño, de hoxe nunha semana, Venus pasará por diante do Sol visto dende a Terra, producindo unha silueta que é probable que ninguén con vida o volva  ver outra vez.

Os tránsitos de Venus son moi raros, xa que veñen en pares separados por máis de cen anos. Este tránsito de xuño, é o segundo dun par que comprendeu de 2004-2012, e non se repetirá ata o ano 2117. Afortunadamente, o evento será amplamente visible. Os observadores nos cinco continentes, e incluso unha pequena porción da Antártida, estarán en posición para velo.

Paso de Venus ante el Sol en 2004. | Efe-Epa

                                           Paso de Venus ante o Sol en 2004 / Efe-Epa

O tránsito de case 7 horas empeza ás 22:09 (UTC) o 5 de xuño. O horario favorece aos observadores na metade do Océano Pacífico, onde o sol estará en todo o alto durante a travesía. Nos EE.UU., o tránsito acadará o seu mellor momento ao atardecer.

No caso de A Guarda, será visible o mércores día 6, pero non tan favorablemente, comenzando ás 00:03 ata as 06:55, sendo ás 03:30 horas no mellor momento.(Horario GTM+2 Europa/Madrid)

O tránsito de Venus prodúcese cando este planeta pasa por diante do Sol. Venus e a Terra atópanse aliñados. Durante o proceso, o observador pode contemplar un disco circular negro que tarda varias horas en atravesar a superficie brillante do astro rei, como se se tratara dun minieclipse solar.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

 

 

0 comentarios