SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? IX

A solución á proposta do día anterior é Werner Karl Heisenberg (1901-1976). Físico e filósofo alemán. Formulou o principio de incerteza, unha contribución fundamental ao desenvolvemento da teoría cuántica. Este principio afirma que é imposible medir simultaneamente de forma precisa a posición e o momento lineal dunha partícula. Foi galardoado co Premio Nobel de Física en 1932.
E imos coa proposta de hoxe!
9. Protocolo ao extremo. Este científico murreu por non querer levantarse da mesa para ir ao baño...
- Paul Erdos
- Tycho Brahe
- Robert Hooke
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es
0 comentarios