"TOP 10" DE NOVAS ESPECIES 2015 : CEBRENNUS RECHENBERGI
Cada ano para celebrar o aniversario do nacemento de Carlos Linneo (o botánico sueco do século XVIII considerado pai da taxonomía moderna), o 23 de maio, un comité internacional de investigadores dá a coñecer a selección da lista "Top 10" de novas especies máis destacadas, entre as preto de 18.000 que se descobren cada ano.
Hoxe falaremos da primeira, atopada en Marrocos, a Cebrennus rechenbergi é unha araña moi áxil que foxe dos seus depredadores con acrobacias.
Ao detectar algún sinal de perigo adopta primeiro unha actitude ameazante pero, se esta estratexia non non funciona, sae correndo e dá pinchacarneiros para acelerar a súa fuxida.
Dado que vive no deserto, onde non hai lugar para esconderse, os investigadores consideran que esta estratexia é a última baza do arácnido para librarse dos seus depredadores.
FONTE: Xornal el Mundo/Ciencia
0 comentarios