ILLAS ESPAÑOLAS MENOS COÑECIDAS XI
Continúo coa serie adicada a esas illas españolas "menos coñecidas", pero que tamén teñen o seu encanto.
Se onte falamos da Illa de San Simón, hoxe tocalle a Illa de Santa Clara.
11. Illa de Santa Clara
A Illa de Santa Clara é unha illa situada na provincia de Guipúscoa (País Vasco). Trátase dun illote de 5’6 hectáreas situada no centro da baía da Concha (Donostia) e que alcanza os 48 metros de altitude, sendo bastante escarpada debido ás súas reducidas dimensións.
A illa de Santa Clara é un ben de dominio público de titularidade municipal, cedido polo Estado Español ao Concello de Donostia en virtude de Decreto de 31 de outubro de 1968.
Posúe un embarcadoiro e unha pequena praia que só aparece coas baixamares e que, con todo, conta con servizo de socorrismo, duchas e ata quioscos de tempada, debido ao gran número de persoas que no verán se achegan a esta illa (comunicada durante o verán co porto de San Sebastián mediante un servizo regular de barco). Á parte do pequeno peirao e as dotacións asociadas ao período estival, a única construción do illote é un faro que se ergue na súa cima. A finais do século XVI foron trasladados á illa os contaxiados pola peste que nesa época arrasaba á capital guipuscoana.
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxes: gl.wikipedia.rg e guias.masmar.net
0 comentarios