ENCRUCILLADO CLXXXIV
VERTICAIS: 1. Apelido do director de cinema, protagonista de obras mestras como O golpe ou Todos os homes do presidente, falecido recentemente na súa casa de Utah (EEUU) 2. Capital de Uganda (África Oriental) 6. Anaco de carne máis ou menos graxenta ou de febra torrada que queda despois de derreter as graxas do porco no proceso de elaboración da manteiga 7. Elemento químico metálico do grupo dos alcalinotérreos, brando, dúctil e maleable, de cor branca prateada, que descompón a auga por contacto e de símbolo Sr 8. Peixe da subclase dos acantopterixios, de corpo alongado, sen aletas ventrais e cunha soa ala dorsal de raios brandos, que vive en bancos sobre fondos areosos ou de grava e do que se coñecen múltiples especies.
HORIZONTAIS: 3. Arbusto ornamental da familia das apocináceas, de follas perennes, lanceoladas e velenosas e flores grandes brancas, vermellas ou rosáceas, segundo a variedade e de nome científico Nerium oleander, tamén coñecido como loendro 4. Oferta pública de adquisición, pola que un investidor ou grupo de investidores ofrecen publicamente e a todos os accionistas dunha compañía cotizada a compra das súas accións, ou doutros valores que permitan adquirilas, a un prezo determinado 5. Instrumento feito de táboas e outros materiais, que pode ter distintas formas e que, ao ser movido polo vento ou accionado por algún mecanismo, fai ruído 9. Nome do asteroide (14005) que a Unión Astronómica Internacional (UAI) vén de nomear na honra da científica galega Antonia Ferrín Moreiras 10. Exterminación metódica dun grupo social por motivos étnicos, relixiosos ou políticos.
0 comentarios