Blogia
vgomez

CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE (XI)

Continúo coa serie CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE, o segundo planeta máis pequeno do sistema solar, despois de Mercurio, e similar á Terra en moitos aspectos, como que posúe nubes, ventos e un día de aproximadamente 24 horas (ao redor dun 3% máis longo que o día solar na Terra).

Imos coa décima curiosidade!

10. É certo que se poden cultivar patacas en Marte?

A estrea da película protagonizada polo actor estadounidense Matt Damon, titulada “O marciano”, non era errónea neste aspecto. Si que é posible cultivar patacas en Marte, polo menos... en teoría. A tecnoloxía para que lograr que isto sexa posible xa está en marcha. De feito, na Estación Espacial Internacional (ISS) xa se emprega un invernadoiro con luces LED (chamado Veggie) que se emprega para cultivar plantas.

FONTE: Idea orixinal Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia

0 comentarios