Blogia
vgomez

CHEGOU O COMETA LEONARD

Imaxe do cometa Leonard tomada polo observatorio de Calar Alto (Almería) o pasado día 7 de decembro na súa tracectoria de aproximación á Terra / ESA/elpais.com

O Cometa Leonard (C/2021 A1 (Leonard)) é un cometa de traxectoria case hiperbólica descuberto por GJ Leonard no Observatorio Mount Lemmon o 3 de xaneiro diste ano. A súa máxima aproximación á Terra (perixeo) foi onte, 12 de decembro, a unha distancia de 0,233 UA. O próximo sábado, 18 de decembro, pasa a una distancia de 0,0283 UA de Venus. O máximo achegamento ao Sol está previsto para o 3 de xaneiro de 2022. 

File:Animation of C/2021 A1’s orbit around Sun - 2021 close approach.gif

Animación de C/2021 A1 na súa órbita arredor do Sol no seu achegamento de 2021
       C/2021 A1 ·       Sol ·       Mercurio  ·       Venus ·       Terra ·       Marte

O cometa Leonard viaxa a uns 47 quilómetros por segundo e nestes momentos está a tan só, en termos astronómicos, 35 millóns de quilómetros de distancia. Os cálculos actuais reflicten que esta é a última oportunidade de velo, xa que será expulsado do sistema solar.

As súas orixes atópanse nos restos xeados das primeiras fases da formación dos planetas exteriores. Nas súas traxectorias, emiten partículas e gases que se quentan pola radiación solar e xeran a característica cola. A procedencia concreta de Leonard é a nube de Oort, un depósito de varios centos de miles de millóns de cometas situado no bordo do complexo celeste que vira ao redor do Sol.

Para situar a traxectoria do cometa Leonard, o máis práctico é centrarse entre a constelación da Osa Maior e Arturo (a terceira estrela máis brillante do ceo nocturno na constelación do Boyero).

No amencer de hoxe, 13 de decembro, será cando poida ser observado en mellores condicións. Entre hoxe e o vindeiro xoves, será máis visible canto máis alta sexa a súa traxectoria en relación coa estrela.

Bo avistamento!

0 comentarios