"RECEITA" PARA REXENERAR O NOSO CORPO COMA UN LAGARTO
O lagarto anolis pode perder a cola e despois crear unha nova / Joel Robertson
Os lagartos teñen unha capacidade propia dun superheroe de ficción. Poden rexenerar a súa cola despois de perdela, creando un membro completamente novo que substitúe ao anterior, e con todas as súas funcións intactas.
Dende hai moito tempo, os científicos perseguen a clave de tan extraordinaria capacidade. Agora, investigadores da Universidade Estatal de Arizona (EUA) deron un paso máis para resolver o misterio. Descubriron a «receita» xenética que utiliza o lagarto para a súa transformación. O achado, descrito na revista PLoS ONE, podería servir no futuro para crear distintos tecidos do corpo humano, incluída, segundo din os seus autores, a medula espiñal.
Os investigadores utilizaron ferramentas de análise molecular de nova xeración para examinar os xenes que participan na rexeneración da cola dunha especie de lagarto anoles (Anolis carolinensis), que, cando é atrapado por un depredador, pode perdela para logo volver crecerlle.
“Os lagartos comparten basicamente a mesma ’caixa de ferramentas’ de xenes que os humanos. Son os animais máis próximos ao home que poden rexenerar apéndices enteiros. Descubrimos que poden activar polo menos 326 xenes en rexións específicas para rexenerar a súa cola, incluídos xenes involucrados no desenvolvemento embrionario, responsables dos sinais hormonais e a cura das ferida. A rexeneración non acontece nun instante, de feito, ao lagarto lévalle máis de 60 días rexenerar unha cola funcional. Forma unha estrutura rexeneradora complexa con células que crecen en tecidos nun número de sitios distintos ao longo da cola, manifestan os investigadores.
Eles cren que esta «receita» xenética pode axudar no futuro para enjaezar os mesmos xenes en células humanas e rexenerar cartilaxe, músculos e mesmo medula espiñal, reparando defectos de nacemento e tratando enfermidades como a artrite.
FONTE: Xonal abc/ciencia
0 comentarios