CHEGAN AS BÁGOAS DE SAN LOURENZO
Aínda que a súa actividade será alta, similar á de anos anteriores, aqueles que queiran contemplar este regalo caído do ceo atoparanse con inconvintes, xa que a lúa chea sairá o 13 de agosto, de modo que a luminosidade lunar entorpecerá a súa observación.
Para ter as mellores opcións, o máis recomendable é situarse nun lugar afastado do pobo, o máis escuro posible, sen que molesten as luces ou farolas, edificios altos ou árbores que impiden a visión limpa do ceo. O fenómeno obsérvase a simple vista, sen necesidade de instrumentos ópticos. A máxima actividade producirase a últimas horas da madrugada.
As bágoas (lágrimas) de San Lourenzo, denominadas así polo santo do día, son en realidade os restos do cometa Swift-Tuttle, cuxa órbita atravesa a Terra todolos anos a mediados do mes de agosto. O seu outro nome, o de Perseidas, provén da constelación de onde parecen caer, a de Perseo. Ao penetrar na atmosfera, as partículas de po deixadas polo cometa acéndense e consómense en poucos segundos, grazas a Deus, deixando a súa magnífica estela luminosa.
Un espectáculo!
FONTE: CIENCIA/ABC
0 comentarios