ATOPAN ELEMENTOS DE ADN NOS METEORITOS
Meteorito procedente de Marte / NASA
Os meteoritos que caen na Terra chegan con importantes pistas sobre os elementos químicos que había cando o Sistema Solar estaba formándose e cada vez hai máis evidencias de que puideron participar na orixe da vida. Nos últimos anos, atopáronse aminoácidos na súa composición, pero non se lograra confirmar a existencia de núcleobases, os "ladrillos" do ADN e o RNA, ata agora.
Unha investigación, publicada na revista "Proceedings of National Academy os Science" conclúe que estas nucleobases poden ter unha orixe extraterreste porque hainos en gran cantidade e diversidade nalgúns dos meteoritos estudados, 11 condritas e unha ureilita.
Nas condritas carbonáceas, un tipo de meteorito moi rico en elementos orgánicos, xa se localizou hai uns anos a presenza de aminoácidos, que son a base da formación das proteínas. Nalgunhas tamén foran detectadas nucleobases, pero non se tiña a certeza de que non procederan dunha contaminación terrestre.
Os investigadores, dirixidos por Michael P. Callahan, da NASA, e James Cleaves, do Carnagie Institute, analizaron e purificaron as mostras cunha nova técnica espectroscópica. Só dúas das condritas foran estudadas previamente.
Finalmente, atoparon que dous dos meteoritos tiñan un gran número de nucleobases, e dunha gran diversidade. Incluso había compostos similares, pero que non eran o mesmo, aos que chamaron "análogos ás nucleobases". Tres destes últimos, tamén, son moi raros na Terra e, de feito, non se encontraron nas cercanías do lugar onde caeran as pedras do espazo.
Os autores do traballo están convencidos de que só este feito proba que a súa orixe é extraterrestre, pero para confirmarlo decidiron realizar algúns experimentos que o probaran. Estes consistiron en reproducir as nucleobases e os seus análogos creando as mesmas reaccións químicas, grazas ao amoníaco e ao cianuro, que se producen no espazo exterior.
O resultado foi o esperado: as súas nucleobases sintéticas eran prácticamente iguais ás dos meteoritos, e a diferencia podía deberse a que estes últimos viaxaran polo espazo.
FONTE:El Mundo
0 comentarios