Blogia
vgomez

ATOPAN EN AUSTRALIA A MAIOR CADEA VOLCÁNICA CONTINENTAL DO MUNDO

ATOPAN EN AUSTRALIA A MAIOR CADEA VOLCÁNICA CONTINENTAL DO MUNDO

A nova cadea de volcáns ten máis de 2.000 km de lonxitude / DREW WHITEHOUSE, NCI NATIONAL FACILITY VIZLAB

Un equipo de investigadores australianos localizou a maior cadea de volcáns continentais xamais vista ata agora. Ten 2.000 km de lonxitude e percorre Australia de norte a sur, desde a localidade de Whitsundays, en North Queensland, ata preto de Melbourne.

Segundo a investigación, publicada na revista Nature, a espectacular cadea creouse hai 33 millóns de anos, mentres o continente australiano se movía cara ao norte sobre un “punto quente” do manto terrestre.

Esta clase de actividade volcánica resulta sorprendente para os científicos, xa que sucede lonxe dos bordos das placas tectónicas, onde se atopan a maior parte dos volcáns do mundo. Crese que estes “puntos quentes” fórmanse sobre o manto e son estreitos afloramientos de rocha quente cuxa orixe se atopa a máis de 3.000 km baixo a superficie terrestre, na fronteira entre o manto e o núcleo.

Os investigadores déronse conta tamén que algunhas seccións da cadea non mostran signos de actividade volcánica, porque a codia terrestre no continente australiano é demasiado grosa para permitir que as rochas fundidas do manto afloren ata a superficie, fundíndose e formando magma. De forma que, ao longo de toda a cadea, só houbo actividade volcánica naqueles lugares onde a litosfera (a capa externa sólida do planeta) ten menos de 130 quilómetros de grosor.

O achado axudrá aos científicos para comprender mellor o chamado “vulcanismo continental” en todo o mundo, mesmo noutros períodos da historia da Terra.

Os investigdores bautizaron a esta nova cadea volcánica como “Pist do punto quente Cosgrove”.

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios