PARA QUE SERVE? V
Continúo coa serie de exemplos desas decenas de obxectos que utilizamos todos os días e aos que apenas prestamos atención, limitándonos a darlles uso e punto, sen saber realmente para que serven.
9. As 3 protuberancias das tapas de plástico dos vasos para levar
Moitas tapas de vasos para levar contan con tres pequenos resaltes. Estes, unha vez a cuberta foi retirada, permiten fixar o envase e transformar a tapa nun pousavasos.
10. O saínte das pinzas do pelo
O extremo que mira cara a fóra debe colocarse entre o pelo e o coiro cabeludo para conseguir a maior fixación da pinza.
Continuará!
FONTE: Diego Bermejo/elmundo.es/f5
0 comentarios