Blogia
vgomez

CALENDARIO HEBREO

Calendario hebreo / Imaxe: radiosefarad.com

Falabamos onte do calendario chines, con motivo do ano novo que comezaba o 4718 ou ano da rata. Pero no mundo hai outros calendarios. Hoxe imos falar do calendario hebreo.

Segundo este calendario, estamos no 29 de tevet do ano 5780 (ao 26 de xaneiro no calendario gregoriano). O calendario arrinca o ano 3760 antes de Cristo cando, segundo a tradición, Deus creou o mundo.

Tamén segue meses lunares, polo que, como no caso chinés, hai que intercalar periodicamente un decimoterceiro mes de 30 días, que se engade cada dous ou tres anos (7 veces cada 19 anos; o próximo será no noso 2024). Tanto este calendario como o gregoriano son oficiais en Israel, pero o hebreo úsase cada vez menos.

O ano novo xudeu, Rosh Hashaná, celébrase o 1 de tishrei, que conmemora a creación do home. Este ano será o 18 de setembro (adoita caer en setembro ou outubro). Os dous días de celebracións dan paso aos dez días de arrepentimento, que á súa vez culminan con Yom Kipur, que se celebrará o 27 de setembro.

Mañá un novo calendario!

FONTE: J. Rubio /E. Sánchez/verne.elpais.com

0 comentarios