SABÍAS QUE... (OCAPI)
O ocapi (Okapia johnstoni), é un mamífero xiráfido artiodáctilo nativo do nordeste da República Democrática do Congo, en África Central.
Ten a aparencia dunha xirafa con pescozo curto, aínda que presenta raias negras nas patas e na cola idénticas ás dunha cebra. Ademais, o ocapi posúe un olfacto e un oído moi desenvolvido e pode alimentarse de máis de cen especies de plantas.
O ocapi ten unha altura de 1,5 m até a cruz e unha lonxitude media do corpo duns 2,5 m. O seu peso rolda entre os 200 e os 350 kg.
Doutra banda, a lingua deste animal é de cor azul escura e mide ao redor de 30 centímetros. De feito, grazas á súa alongada lingua poden limparse as orellas coa súa punta. Outra curiosidade do ocapi é que posúen cornos e, en caso de loita, os machos entrechocan os seus pescozos. É similar a unha pelexa de xirafas, só que os ocapis son máis pequenos.
As femias alcanzan a madurez sexual aos dous anos, mentres que os machos alcánzana aos tres anos. O período de xestación dos ocapis dura 15 meses aproximadamente. No seu hábitat natural, poden vivir ao redor de 30 anos.
En canto ao seu comportamento, son uns animais moi tranquilos e asustadizos. Adoitan vivir en parella ou en grupos familiares moi reducidos. Ademais, atópanse sobre todo nas selvas e bosques onde a vexetación é frondosa. Desta maneira, os depredadores e os humanos téñeno máis complicado para acceder.
Desafortunadamente, o ocapi atópase en perigo de extinción debido á deforestación e a caza furtiva. Por iso, debemos loitar para preservar a diversidade de especies.
Sen dúbida, son uns animais extraordinarios de beleza inigualable.
FONTE: Rocío Sánchez/muyinteresante.es
0 comentarios