ALBERT EINSTEIN II
A contestación á pregunta do día anterior é FALSO.
As súas dúas maiores afeccións eran a navegación a vela e a música. Tocaba o violín e parece ser que a conexión entre violín e ciencia débella a Pitágoras que estudou a acústica e creou cordas tensas con pontes deslizables, as bases do actual violín. Os seus inicios coa música arrincaron con tan só 6 anos, idade en que empezou a tocar este instrumento; posteriormente continuaría co piano. Tocaba e compoñía. O seu compositor favorito era Mozart.
E agora, a pregunta de hoxe:
Lembras o nome da cidade que viu nacer a Einstein?
- Ulm
- Stuttgart
- Heidelberg
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante
0 comentarios