Blogia
vgomez

PEIXE BORRÓN

Psychrolutes marcidus / Imaxe: muyinteresante.es

O peixe borrón ou peixe pinga (Psychrolutes marcidus) é unha especie de peixe  escorpeniforme da familia Psychrolutidae.

Este peixe, que acada os 30 cm de lonxitude, é unha especie bentónica, de augas tépedas, nun rango de temperaturas entre 2,67 e 9,25ºC, atopándose exclusivamente nas profundidades entre as costas de Australia e Tasmania, nas que a presión é varias decenas de veces superior á do nivel da superficie.

A carne deste peixe é maiormente unha masa xelatinosa cunha densidade lixeiramente menor á da auga, o que lle permite flotar sobre o fondo sen gastar enerxía nadando, non tento vexiga natatoria.

A falta de músculo non supón un impedimento para alimentarse, xa que principalmente inxere calquera materia comestible que flote no seu camiño, preferentemente crustáceos de augas profundas.

Como curiosidade este péixe aséntase sobre os seus ovos ata o momento da eclosión.

Debido á inaccesibilidade do seu hábitat foi raramente fotografado en liberdade.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e wikipedia

0 comentarios