Blogia
vgomez

COMBATIR A CONTAMINACIÓN DA TERRA DENDE O ESPAZO

 

Por primeira vez en 30 anos o buraco da capa de ozono reduciuse. Pasaron 30 anos desde que todos os países industrializados asinaron o chamado Protocolo de Montreal, polo que se comprometían a conseguilo. No ano 2000 o buraco alcanzou os 25 millóns de metros cadrados, o seu maior tamaño. Hoxe é catro millóns de metros cadrados máis pequeno. Para os científicos é evidente que esta redución foi causada polas políticas que prohiben a utilización do os compostos orgánicos clorados. Susan Solomon, investigadora do MIT, afirma que é un sinal esperanzador: “As cousas que fixemos puxeron o planeta no camiño da curación. Iso di bastante de nós. Non somos asombrosos os humanos, que creamos unha situación tras a que decidimos colectivamente, como mundo, que iamos eliminar esas moléculas?”. Efectivamente, o que fósemos capaces de comezar a reverter unha das grandes ameazas para a vida na Terra significa que, como especie, somos capaces de afrontar os maiores retos, aínda que en demasiadas ocasións levemos a situación ata un punto de desesperación. Cal será, cabe preguntarse, ese punto para o outro gran desastre que se cerne sobre nós: as emisións de C02?

Na conferencia do clima celebrada en París a finais do 2015, 188 países certificaron o que para a maioría de científicos xa era unha evidencia: o quecemento global do noso planeta. A causa principal é a emisión de CO2 producida pola utilización de combustibles fósiles  (petróleo e carbón) que levou a que a presenza de dióxido de carbono na atmosfera aumentase nun 40% nos últimos 150 anos. A solución pasa por decisións políticas e económicas de gran calado que, lamentablemente, non son tomadas case nunca seguindo o criterio dos científicos. O exemplo da capa de ozono pode resultar estimulante para todos os que seguen empuxando coas súas investigacións e accións cara á instauración de políticas enerxéticas máis limpas.

Mentres, a ciencia continúa facendo as súas indispensables achegas. E un dos máis importantes é o proxecto OCO-2 roia impulsado pola NASA para medir as emisións de CO2 a través de satélites desde o espazo. Cada ano a queima de combustibles fósiles e outras actividades humanas lanza á atmosfera 36 millóns de toneladas de CO2. Con todo, cos sistemas de medición en superficie cos que contabamos ata agora, resultaba moi difícil coñecer o comportamento deste CO2. Saber, por exemplo, porqué non todo o C02 emitido permanece na atmosfera (máis da metade desaparece), onde están situados estes “sumidoiros” naturais que absorben o dióxido de carbono, que partes da Terra axudan a disolver o CO2 e se continuarán facéndoo no futuro. Un crebacabezas científico que é imprescindible resolver porque, como a propia web do proxecto asegura: “Só é posible manexar o que podemos medir”.

David Crisp, o responsable científico do proxecto OCO-2, está seguro dos satélites farán as medicións cada vez máis precisas “para saber como podemos axudar ao planeta en que vivimos”. Diso depende que esta especie asombrosa continúe tendo un fogar no que desenvolver o seu potencial.

FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El País

0 comentarios