Facebook Twitter Google +1     Admin
20160708195328-genet-6.gif

O descubrimento de Nattie Stevens / Imaxe:colegioglenndoman.edu.co

A investigación da estadounidense Nettie Stevens (Vermont, Estados Unidos, 1861), revolucionou a xenética. A pregunta que guiou á científica, de cuxo nacemento se celebra o 155 aniversario, foi a seguinte: Que xenética hai detrás do sexo? Como se determina iste? Nettie Stevens doutorouse en 1903 no Bryn Mawr College de Filadelfia, na facultade na que traballaban dous grandes biólogos da época. Partindo da investigación iniciada por Edmund Beecher Wilson e Thomas Hunt Morgan (máis tarde distinguido co Premio Nobel), Stevens descubriu a conexión entre os cromosomas e as características físicas.

Nettie Stevens

 

O traballo Studies in Spermatogenesis with Special Reference to the "Accessory Chromosome" de 1905 marcou un antes e un despois no estudo da xenética. Nettie Stevens analizou a diferenciación celular en embrións e no estudo dos cromosomas. Se antes a ciencia sostivera que os cromosomas se organizaban en longos bucles, agora Stevens trazou un debuxo distinto: os cromosomas existen como estruturas parellas nas células. Se as células somáticas das femias contiñan 20 cromosomas grandes, as masculinas tiñan 19 grandes e unha pequena, 9 parellas de cromosomas grandes e unha constituída por un grande e outro pequeno.

A científica chegou á conclusión de que son os cromosomas os encargados de determinar o sexo dos organismos e que a única diferenza que determina o sexo radica en dúas clases de espermatozoides: os espermatozoides que posúen o cromosoma X e os que posúen o Y. Se un óvulo é fecundado por un espermatozoide portador de X producía unha femia, e se o cromosoma é Y daría lugar ao macho.

Stevens desenvolveu unha carreira breve pero enche de avances irrefutables para a ciencia. Faleceu en 1912 por mor dun cancro de mama, antes de poder ter acceso á cátedra que se creou especialmente para ela en Bryn Mawr College.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.