Facebook Twitter Google +1     Admin
20160918202923-sddefault.jpg

O fungo zombi / Imaxe: youtube.com

Hai un fungo, o Ophiocordyceps unilateralis, que converte en zombis ás formigas Camponotus leonardi que viven nas árbores das selvas tropicais: fíxanse ao cerebro das formigas e obríganlles a realizar os seus desexos, se é que un fungo pode ter desexos.

Por que? Simple cuestión de supervivencia. Se es un fungo só te sentes ben a unha certa temperatura, porcentaxe de humidade e distancia ao chan. Claro que tes un grave problema; non tes pernas e non podes ir en busca do teu paraíso na terra. Que facer? Nada máis fácil que atopar un transporte. Podes subirte a un insecto pero non te levará onde queres, senón a onde a el lle guste. O único que che queda é, ademais de facer de autoestopista, obrigarlle a que te conduza onde ti queres e para iso debes tomar o control de todo o seu corpo.

Isto é precisamente o que fai este fungo: cando a formiga está "posuída" polas esporas diríxese á parte interior dunha folla que se atope a 25 cm do chan cun 95% de humidade e unha temperatura entre 20 e 30 ºC. E alí a formiga, baixo as ordes do fungo, morde con forza a folla para non caer ao chan e morre. Dito doutro xeito, o fungo obriga á formiga, que prefire vivir 20 metros por encima, a levala ao mellor lugar para reproducirse.

Unha vez que o Ophiocordyceps unilateralis está comodamente instalado empeza a desenvolver as hifas, eses fios que compoñen o micelio do fungo, primeiro no interior do corpo da formiga e de aí ao exterior. Nunha semana, cando se desenvolveu o suficiente, reprodúcese e termina coa liberación de esporas creando o que os investigadores chaman un "infeccioso campo da morte" dun metro cadrado baixo o cadáver da formiga. Se algunha C. leonardi despistada ou outra especie similar pasa pola zona, podería quedar infectada. Entón, como di o desapiadado psicópata da película Saw, comeza o xogo.

FONTE: Revista Muy Interesante/Natureza

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.