Facebook Twitter Google +1     Admin

DÍA MUNDIAL DO ALZHEIMER 2016

Publicado: 21/09/2016 07:14 por vgomez en OUTRAS COUSAS

 

Hoxe, 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzheimer 2016. A Enfermidade de Alzheimer é unha enfermidade dexenerativa das células cerebrais de carácter progresivo para a cal non existe recuperación. Lenta e inexorablemente, a enfermidade ataca as células nerviosas en todas as partes da cortiza do cerebro, así como algunhas estruturas circundantes, deteriorando así as capacidades da persoa de gobernar as emocións, recoñecer erros e patróns, coordinar o movemento e lembrar. Finalmente a persoa afligida perde toda a memoria e funcionamento mental.

Os primeiros síntomas psíquicos da Enfermidade de Alzheimer poden pasarse por alto xa que se asemellan aos sinais do envellecemento natural. Estes síntomas inclúen pequenas e imperceptibles perdas de memoria, perda da concentración, perda de peso sen explicación e problemas motrices, incluíndo dificultades leves para camiñar. Un indicio para diferenciar a Enfermidade de Alzheimer do envellecemento normal pode ser a incapacidade do paciente de comprender o significado das palabras.

Os factores xenéticos desempeñan unha función principal pero non ofrecen unha resposta completa no que respecta ao desenvolvemento da Enfermidade de Alzheimer. Tamén parece que os factores do medio ambiente exercen algún efecto.

Se queres coñecer máis sobre esta terrible enfermidade preme AQUÍ.

FONTE: alzeimer.info

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.