Blogia
vgomez

FAUSTINO, O GALILEO DA MANCHA


Non está nada claro que Galileo Galilei, no famoso xuízo inquisitorial que condenouno a abxurar da súa defensa das teses copernicanas acerca do heliocentrismo, pronunciase a frase “Eppur se muove” (E, con todo, móvese) coa que todos identifican o xenio renacentista italiano. Non está claro porque en 1633, ano no que tivo lugar o proceso, poñerse chulo cun tribunal do Santo Oficio non era moi recomendable mesmo para unha personalidade con amigos poderosos e ben posicionado como Galileo. Pero máis aló de que o físico, matemático e astrónomo de Pisa fose capaz ou non de falar naquel momento (non tivo esa posibilidade sequera Giordano Bruno, conducido á fogueira cun madeiro na boca para que non puidese pronunciar palabra), a expresión “e, con todo, móvese” pasou á historia como un símbolo de resistencia fronte ao inmobilismo doctrinario. Algo dese espírito contestatario e  inconformista hai en todos os que se rebelan fronte ás verdades establecidas. Nos que fan ciencia con sincera curiosidade e auténtica paixón. Un deles, claro, é Faustino Organero, quen hai un par de décadas e sen apenas coñecementos iniciou aos 35 anos a construción dun observatorio astronómico porque si. Fíxoo sinxelamente porque alguén tiña que dar forma a un soño  quixotesco que se empezou a forxar na súa nenez.

Vinte anos máis tarde, o Observatorio Astronómico da Fita é unha realidade que se levanta nuns terreos de La Villa de Don Fadrique (Toledo). Todo neste centro de investigación é artesanal, saído da imaxinación e o tesón de Faustino xunto a unha parella de astrónomos afeccionados nos que atopou os colegas perfectos: Leonor Ana Hernández e Fernando Fonseca. Desde este recuncho da Mancha, o observatorio dedica os seus esforzos á investigación, a educación e a divulgación, tres eixos fundamentais para conseguir un un proxecto das súas características prospere. A súa historia é unha anomalía que conseguiu coarse entre os científicos máis reputados, xa que A Fita colabora en proxectos do Instituto de Astrofísica de Andalucía, cuxas investigacións foron recollidas en revistas do prestixio de Nature. En definitiva, o soño dun tipo tenaz e imaxinativo que non o tiña sinxelo para poñer algo así de grande en marcha “e, con todo, móvese”.

FONTE: José  L. Álvarez  Cedena/elpaós.com

0 comentarios