Blogia
vgomez

HOXE PERIHELIO

Aínda que agora mesmo te atopes inmóbil, sentado nunha cadeira, o certo é que se está movendo a unha velocidade incrible. Concretamente, a 110.700 Km/h. A 30,75 Km/s. E a pesar de que non se nota nada, este domingo día 5 de xaneiro de 2020 a Terra, onde se aposentan os teus pés, atópase movéndose ao redor do Sol a "máxima potencia". E a que se debe?

A resposta é a súa órbita elíptica: o noso planeta ten un percorrido ovalado no que o Sol non está exactamente no centro. Este domingo, xusto ás 8:48 (hora peninsular), a Terra acada o perihelio, que é o punto máis próximo á estrela. En concreto, o noso planeta atoparase a algo máis de 147 millóns de quilómetros. A gravidade que exerce o Sol sobre a Terra, que é maior ao estar máis preto, provoca a maior velocidade orbital, cunha aceleración de 3.420 Km/h respecto a a velocidade media do noso planeta, que se sitúa nos 107.280 Km/h.

Pola contra, no momento do afelio (cando a Terra está no punto máis afastado do Sol, e que este ano terá lugar o 4 de xullo), a súa velocidade será de 2 Km/s menos. É dicir, "desaceleraremos" nosa velocidade orbital.

Este fenómeno foi descuberto polo matemático Johannes Kepler, quen grazas ás notas dun dos seus mestres, o astrónomo danés Tycho Brahe, quen se decatou da órbita elíptica da Terra. Isto levoulle a definir a que hoxe se coñece como primeira lei de Kepler: "Os planetas describen órbitas elípticas ao redor do Sol, que ocupa un dos focos da  elipse".

Pero seguiu máis aló e na segunda Lei de Kepler enunciou que "a liña que une a un dos planetas co sol varre áreas iguais en tempos iguai". Isto explica como varía a velocidade dun planeta nos diferentes puntos da súa órbita e como aumenta a súa velocidade canto máis preto está da estrela.

Así, a velocidade orbital dun planeta será menor, a maior distancia do Sol, e a distancias menores a velocidade orbital será maior. A distancia media do Sol é en media de 150 millóns de quilómetros. No afelio alcanza os 152,09 millóns de quilómetros e no  perihelio baixa a 147,10 millóns de quilómetros de distancia.

FONTE: abc.es/ciencia

0 comentarios