CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) X
Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.
A contestación correcta á pregunta do día anterior é Buzkashi. É deporte nacional en Afganistán e é unha especie de polo que se practica con cabalo. Un deporte moi macabro practicado tamén noutros países de Asia central. Consiste en dous equipos de chapandoz, ou xinetes, nun campo de aproximadamente dous quilómetros de lonxitude. Os xogadores de cada equipo non se diferencian na cor da súa camiseta, senón que parecen coñecerse. O obxectivo do xogo é conducir o boz, que é unha cabra sen cabeza e sen extremidades, desde un extremo do campo ao outro. Os integrantes de ambos os equipos pugnan para levar o corpo da cabra ao centro do terreo de xogo. É un xogo moi violento, xa que non ten unhas regras definidas e os xinetes terminan envolvidos en verdadeiras batallas sanguentas. Tampouco hai árbitros, polo que o resultado depende só dos xogadores. Para o xinete a recompensa é o prestixio que pode ter diante do resto dos seus pares. Os capitáns, denominados "chapandaz", con turbantes e barbas negras, chegan á cancha con fusís Kalashnikov ao ombreiro e gardacostas e danse a man antes de empezar o partido.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Cal é a capital de Eslovenia?
- Piran
- Máribor
- Liubliana
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org
0 comentarios