Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS? XVI

Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.

A contestación correcta á pregunta de onte é Rowland Hill. Unha anécdota foi o xerme da orixe do selo postal. O que chegase a ser Xefe de Correos da súa Maxestade, Rowland Hill, era un modesto mestre inglés de viaxe por Escocia en 1835, que nun descanso nunha pousada viu como a dona do establecemento rexeitaba unha carta. Escusouse declarando que era moi pobre e non podía pagar os custos dese envío. Era algo frecuente entre as clases máis humildes o rexeitamento do destinatario de soportar os custos, porque os carteiros esixían ata o último céntimo das millas percorridas. Compadecido, o mestre Hill prestouse a pagar a misiva. A súa sorpresa foi ver como a pousadeira, nada máis marcharse o carteiro, deixou a carta sobre unha mesa sen abrir. A curiosidade fíxolle preguntar á pousadeira pola súa actitude. A anécdota cóntanos que a señora só leu o remite do sobre porque este estaba baleiro. Cada membro da súa familia escribía unha parte da dirección e dos nomes, sabendo así que todos seguían ben e aforrando o custo de pagar unha carta. Tan enxeñoso sistema de saber dos familiares sen pagar o custo de recibir a carta, acabou sendo algo máis que unha anécdota real, unha inventiva popular. Supuxo a ruína de moitas compañías de carteiros. O mesmo Rowland Hill entendeu que a treta non beneficiaba a ninguén, pois aos destinatarios gustaríalles saber máis cousas dos remitentes que unha simple liña co seu nome. Por iso, tras a súa viaxe por Escocia propuxo á Cámara dos Comúns unha reforma do Sistema Postal, evitando o pago a posterior do servizo de correo. Convenceulles que moitas veces facíase un traballo en balde, contando esa anécdota da pousada onde o carteiro viaxara para nada se el non chega a pagar os custos. Analizando que o problema principal estaba en cargar os custos ao final do servizo e ao receptor, Hill ideou un sistema de pre-pago. Sería  o franqueo postal e para iso pensouse na imprenta do Tesouro para que imprimise unha estampa ou timbre (selo) que se puidese comprar cunha cara adhesiva, para ser pegada no sobre. Nacía o 1 de maio de 1840 o primeiro selo do mundo, o Penny Black ou penique negro, porque era o perfil branco da Raíña Victoria sobre un fondo negro. Pero resulta que xa con anterioridade houbo outro personaxe, o escocés James Chalmers, de Dundee, que fixera probas con elementos adhesivos, impresos cara ao 1834, para o franqueo da correspondencia. A polémica segue sobre o tema.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Quen inventou o misto?

- Hennig Brand

- John Walker

- Samuel Jones

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: antiguorincon.com  e  diariovasco.com   Imaxes: correo.com.uy e cofm.es

0 comentarios