Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CANADÁ? XVI (FIN)

Remato coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte é…

O rei Carlos III é o soberano do país, e por tanto é o rei. Como o monarca non reside en Canadá, este nomea un Gobernador Xeral (Mary Simon) que a representa e exerce os seus poderes. O Primeiro Ministro (Justin Trudeau) é o xefe de goberno, que para garantir un goberno estable deberá ser sempre aquel que teña a confianza da Cámara dos Comúns. Na práctica, o primeiro ministro vai ser o líder do partido político máis forte na Cámara dos Comúns, o cal normalmente ten a maioría dos escanos na cámara baixa e forma un goberno de maioría.

E así remata esta serie que espero que axudase a coñecer algo máis deste gran país.

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org 

0 comentarios