CANTO SABES DE INSECTOS? XI
Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.
A contestación á pregunta de onte é A termita raíña. Asombrosamente unha termita raíña no seu hábitat natural pode vivir uns 25 anos, pero nas condicións ideais pode chegar a superar os 50 anos de vida, durante os cales soamente se dedicou a poñer ovos e alimentarse. A incrible lonxevidade das raíñas permite que as colonias de termitas poidan durar moitísimos anos no seu ambiente, do mesmo xeito que incrementar a súa expansión. Chegando a ser unhas das pragas máis comúns en todo o mundo. A razón de por que as raíñas teñen unha longa esperanza de vida, é que estas son capaces de codificar unha maior cantidade de encimas antioxidantes; a catalasa e a peroxirredoxina, do cal non son capaces as termitas obreiras.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Que escritor dixo esta frase?: “A xungla é un bonito sitio para ir de visita, pero onde non quererías vivir ou deixar de moverte... Os insectos da xungla vente como grandes anacos de comida animada pero non moi ben defendida”.
- Neal Stephenson
- Eduard Punset
- Nietzsche
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: muyinteresante.es/natureza
0 comentarios