Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BRASIL? X

Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Brétema. Este pico está localizado no norte do Estado de Amazonas e é o punto máis alto de Brasil e de todo o Escudo Guayanés con 2.995,30 m de altitude (medición realizada por satélite/GPS polo Instituto Brasileiro de Xeografía e Estatística en 2004). Áchase a tan só 700 metros de distancia da súa montaña xemelga, o pico Phelps (tamén chamado 31 de Março) con 2.922 m, que marca a fronteira entre Brasil e Venezuela.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. A Amazonía é unha vasta rexión da parte horizontal e setentrional de América do Sur que comprende a selva tropical da conca do río Amazonas. Está repartida entre nove países, dos cales 2  posúen a maior extensión. Brasil é o primeiro. Cal é o outro país?

- Colombia

-  Bolivia

- Venezuela

- Ecuador

- Perú

- Güiana

- Suriname 

- Güiana Francesa (colectividade territorial francesa)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org               Imaxes:  bbc.com e es.wikipedia.org

0 comentarios