Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? XXIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Realismo. A arte exipcia é unha arte que está moi relacionado co medio no que se desenvolve. Este medio inflúe en diferentes aspectos: por unha banda o medio xeográfico determina unha cultura pechada que fai unha arte impermeable a influencias exteriores, que vai evolucionar pouco e cando o vai a facer vai ser sobre as súas propias formas debido á falta de comunicación co exterior. Doutra banda, o medio vai determinar uns materiais que nos indican unha despreocupación pola vida terrestre e un desexo de eternizar a moral do defunto e do deus, polo que a arte moitas veces está en función de templos e tumbas. Isto está relacionado cos dous factores determinantes da arte que tamén veñen dados polo medio: a monarquía e a relixión. Así, o faraón (e os nobres) e os sacerdotes van ser os principais clientes. Trátase dunha arte aúlico e oficial, que se desenvolve en virtude da relixión fundamentalmente, e a esta está vinculado o faraón. Non é por tanto unha arte autónoma. A arte exipcia está sempre sometido a unhas normas, por isto é moi semellante e monótono, tan homoxéneo. É unha arte estereotipado no que se valora máis a precisión do acabado que a orixinalidade. Ademais, teñen un gran carácter simbólico e máxico. A imaxe da pregunta é a Esfinxe de Gizeh, unha estatua calcaria dunha esfinxe reclinada, unha criatura mítica con corpo de león e cabeza de humano. Está situada na meseta de Gizeh, na franxa occidental do río Nilo en Gizeh, Exipto. O rostro da esfinxe representaría o rostro do faraón Quefrén. A estrutura mide 73 metros de lonxitude desde a farpa ata a cola, 20,21 metros de alto desde a base ata a parte superior da cabeza e 19 metros de ancho nas súas ancas.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

23. Quen é o autor deste cadro?

- Picasso

- Miró

- Dalí

- Gris

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, e gl.wikipedia.org      Imaxe: wikiart.org     

0 comentarios