CANTO SABES DE ITALIA? VIII
Continúo coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.
A contestación correcta á pregunta de onte é Lira. A lira italiana foi a moeda oficial de Italia desde 1861 ata o ano 2002. Entre 1999 e 2002 coexistiu co euro, sendo substituída definitivamente por este. A taxa de cambio fixa final foi de 1 euro (€) = 1 936,27 liras italianas (ITL). A lira tamén foi a moeda oficial do Reino Napoleónico de Italia entre 1806 e 1814.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Cal é o río máis longo de Italia?
- Adigio
- Resa
- Po
- Tíber
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org e ebay.es
0 comentarios