Blogia
vgomez

CANTO SABES DE GALICIA XL

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Futbolín. Alexandre Campos Ramírez (Fisterra, 6 de maio de 1919-Zamora, 9 de febreiro de 2007). En novembro de 1936 quedou sepultado nun dos bombardeos de Madrid durante a Guerra Civil Española. Primeiro levárono a Valencia pero como as súas feridas eran graves finalmente trasladárono a un hospital de Monserrat. Alí coñeceu moitos nenos feridos coma el, incapaces de poder xogar ao fútbol, e foi daquela cando pensou no futbolín inspirándose no tenis de mesa. Alexandre confioulle ao seu amigo Francisco Xavier Altuna, un carpinteiro vasco, a fabricación do primeiro futbolín seguindo as súas instrucións. Non obstante, non puido vender o invento a nivel industrial xa que todas as fábricas de xoguetes, a maioría en Valencia, estaban a fabricar armas de verdade por mor da guerra. Patentou a invención en Barcelona en xaneiro de 1937.

E imos coa pregunta de hoxe!

40. Esta rraia que ves, é unha das máis emblemáticas de Galicia. Ten unha loxitude de 2,5 km. Como pistas direiche que nas proximidades atópanse os restos dunha Torre medieval, un Castro e unha Ermida; tod@s levan o nome da praia en cuestión.

- Praia de Rodas

- Praia de Arealonga

- Praia da Lanzada

- Praia de Covas

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: osalnes.com

0 comentarios