CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? XII
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.
A contestación correcta á pregunta de onte é Avespa asiática (Vespa velutina). É unha especie de avespa orixinaria de Asia. Procede da China, a India e Indonesia. Considérase unha especie invasora en Galicia. Triplica en tamaño a abella europea, pois as raíñas chegan a medir 40 mm, aínda que o resto dos individuos non pasan dos 30 mm.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Como se chama a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas?
- Ornitoloxía
- Apicultura
- Lepideptoloxía
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org Imaxe: xunta.gal
0 comentarios