Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ISLANDIA? X

Continúo coa serie adicada a Islandia, esa illa europea situada no océano Atlántico, coñecida pola súa impresionante paisaxe volcánica, glaciares e auroras boreais. País cunha poboación relativamente pequena, onde a enerxía renovable e o turismo son piares importantes da súa economía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Þórisvatn. É un lago situado na rexión da súaðurland de Islandia. Con 88 quilómetros cadrados é o maior do país. Os lagos e glaciares cobren o 14,3 % do país e só o 23 % está cuberto por vexetación. O principal glaciar é o Vatnajökull, o maior de Europa.

E imos coa pegunta de hoxe!

10. Islandia atópase nun punto xeolóxico quente. Esta situación significa que a illa posúe unha actividade volcánica forte e multitude de géyseres. A que é debido?

- A doral mesoatlántica divide a illa en dúas

- Alí xúntanse as placas  Euroasíatica e Norteamericana

- A illa marca o límite entre a Placa Euroasiática e a Placa Norteamericana

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios