Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS XIII

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS XIII

Mary Anderson e o parabrisas / Imaxe: nitro.pe

A resposta á pregunta do día anterior é TELETRÓFONO. De novo, estamos diante dun caso de apropiación dunha idea xa inventada. En 1854, Antonio Meucci instalou un teléfono na súa casa que lle permitía comunicarse entre os diferentes pisos, xa que o reumatismo mantiña á súa esposa inmobilizada nun deles e o seu taller atopábase no outro. Con todo non puido patentalo, e foi Graham Bell quen o fixo en 1876

E imos coa pregunta de hoxe...

13.  O primeiro coche apareceu en 1886, pero desde cando se lle incorporou o utilísimo limpaparabrisas?

- 1840

- 1887

- 1903

- 1957

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: nationalgeographic.com.es

0 comentarios