CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA?
A arqueoloxía (do grego ἀρχαιολογία (archaios), "vello" ou "antigo", e logos, "ciencia", "saber") é a ciencia que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais. A través da análise dos obxectos e aquelas obras construídas polos pobos antigos, esta ciencia pode arribar a conclusións ao redor da súa cultura e as súas formas de vida.
As persoas que se dedican a estudar o pasado enmarcados nesta ciencia coñécense como arqueólogos. O seu traballo consiste en reconstruír a vida de poboacións antigas a partir das manifestacións materiais que deixaron.
A arqueoloxía é unha mestura de descubrimentos de restos materiais, a súa intervención con metodoloxía rigorosa, xunto ao paciente traballo de analistas científicos, e xunto á etapa de interpretación, que permite entender que significaron os elementos descubertos ou explorados na historia da humanidade. En consecuencia, a arqueoloxía é tanto unha actividade física de campo como unha procura e exploración intelectual no laboratorio.
Queres ver cuánto sabes sobre os descubrimentos arqueolóxicos e o seu campo?
Anímaste? Ben, pois empezamos!
1. Cantos tipos principais de arqueoloxía existen?
- 1
- 2
- 3
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org Imaxe: aprendum.com
0 comentarios