Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA? VIII

Continúo coa serie sobre a CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA do 78. Unha gran descoñecida para boa parte dos españois e que desde aquí pretendo mellorar o seu coñecemento.

A contestación correcta á pregunta de onte é c. Coñécese como reforma agravada. No artigo 168 do Título X indícase que "cando se propuxer a revisión total da Constitución ou unha parcial que afecte o Título preliminar, ao Capítulo segundo, Sección primeira do Título I, ou ao Título II", é dicir: os artigos básicos que fan referencia ás bases do texto como a capitalidade do Estado ou a lingua, os dereitos fundamentais e a Coroa deben ser aprobados mediante a fórmula da reforma agravada. É un procedemento complexo e longo que aínda non foi utilizado. Pensando para dotar dunha especial protección aos artigos máis importantes e sensibles da carta magna necesitan como primeiro requisito ser aprobado polo Congreso e o Senado cunha maioría cualificada, é dicir: dous terzos. No momento no que se aprobe, téñense que disolver as Cámaras e convocar eleccións. O Parlamento resultante tería que volver votar sobre a decisión e aprobar a reforma por maioría simple. Tras volver revisar o texto, as novas cortes votarían outra vez o texto cunha maioría cualificada e terían que someter a referendo a proposta. Se os españois votan que si, o cambio no texto sería finalmente aprobado.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Sufriu alguna reforma a Constitución?

- Non

- Si, 1 vez

- Si, 2 veces

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal antena3.com e elplural.com   Imaxe: congreso.es

0 comentarios