CANTO SABES DE SUÍZA? XI
Continúo coa serie adicada a Suíza. Neste estado federal, residen máis de 40.000 galegos e no que galego sitúase no quinto lugar entre as linguas estranxeiras máis faladas.
A contestación correcta á pregunta de onte é Aar. Ou Aare. Nace nos Alpes Berneses a 1.565 m. de altura e desemboca no Rin, despois de percorrer, integramente por territorio suízo, 291 km. e pasar polos lagos de Brienz e Thun e a cidade de Berna. O seu caudal medio é de 508 m³/seg. e drena unha área de 17.620 km².
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Cal é o lago máis grande de Suíza?
- Constanza
- Thun
- Leman
- Neuchâtel
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: zh.wikipedia.org e viajes.nationalgeographic.com.es
0 comentarios