Blogia
vgomez

MANCHA SOLAR AR3310

O Sol presenta estes días unha mancha solar (bautizada como AR3310) catro veces o tamaño da Terra que é visible desde o noso planeta. É tan grande que se pode ver a primeira ollada (a condición de que se dispoña do equipo adecuado para mirar á nosa estrela directamente, como unhas lentes de eclipse).

De feito, é tan grande que mentres está a apuntar cara a nós está a ser monitorizada polos astrónomos de todo o mundo, para poder aprender máis sobre treboadas solares e anticipar, na medida do posible, un fenómeno de exección coronal de masa, que podería afectar as comunicacións terrestres. 

As manchas solares son áreas onde os campos magnéticos do Sol son particularmente activos e poden provocar execcións coronales de masa, unhas labaradas xigantes que envían enerxía, luz e partículas de alta velocidade ao espazo.

FONTE: abc.es/ciencia    Imaxe: ODS/NASA

0 comentarios