Blogia
vgomez

SABIAS QUE... O TERREMOTO ENTRE TURQUÍA E SIRIA

Os tremores na fronteira de Turquía e Siria, un dos terremotos máis fortes do último século na rexión, é devastador. O sismo de magnitude 7,8 a madrugada do luns sentiuse en Turquía, Siria e Líbano.

O epicentro do terremoto ocorreu a 23 quilómetros ao leste da localidade turca de Nurdagi, na provincia de Gaziantep, na fronteira con Siria, na zona onde a placa tectónica de Anatolia fai contacto coa placa arábiga, a unha profundidade de 7 quilómetros, unha rexión considerada como unha das zonas sísmicas máis activas do mundo.

O terremoto produciuse a madrugada do luns nunha zona onde entran en contacto a placa Arábiga e a subplaca de Anatolia. O terremoto principal foi seguido de numerosas réplicas, a primeira tan só 11 minutos máis tarde, cunha magnitude de 6,7. Menos de doce horas despois, produciuse outro máis potente, de 7,5, en Turquía central, é dicir, nunha zona máis ao norte.

O sismo só é un de tantos que tiveron lugar recentemente. Por exemplo, o ano 1999 xa tivo lugar aquí outro sismo de magnitude 7,4 na escala de Richter que causou 17.000 vítimas. En 2011, outros dous acabaron coa vida de máis de 700 persoas. En 2020, outro terremoto causou 26 mortos e 800 feridos. Neste xa se fala que superarán os 30.000 mortos.

Investigadores do Centro de Investigación de Xeociencias de Alemaña (GFZ) publicaron recentemente un estudo na revista Nature onde suxiren que a tensión tectónica da placa de Anatolia é aínda maior que en 1999, así que está previsto que esta clase de terremotos sexan máis frecuentes e, probablemente, máis intensos. Akgo que deberían ter en conta á hora de construir.

FONTE: nationalgeographic.com.es/ciencia, Julián Velasco e Javier Torres/abc.es     Imaxes: USGS/ABC

0 comentarios