Blogia
vgomez

SABÍAS QUE... MAGNETAR

Un magnetar (tamén chamado  magnetoestrela) é a variante dunha estrela de neutróns cuxo campo magnético é miles de veces máis potente que o dunha estrela de neutróns normal, equivalente a 1.000 millóns de gauss (por comparar, o campo magnético do Sol é duns 5 gauss).

Os magnetares erupcionan sen previo aviso, durante horas ou meses, antes de comezar a atenuarse e acabar finalmente desaparecendo.

A maioría dos magnetares coñecidos foron detectados por telescopios de raios X por mor dun refacho de alta enerxía, pero tamén se observaron emitindo pulsos de radio moi parecidos aos que emiten os púlsares.

Cando unha supernova se converte nunha estrela de neutróns, a intensidade do seu campo magnético aumenta. Os astrónomos Robert Duncan e Christopher Thompson postularon a súa existencia en 1992 e calcularon que este, normalmente xa duns 108 tesla, poderían superar en determinadas condicións 1011 tesla (1015 gauss) . Tal estrela magnética chámase entón magnetar.

FONTE: Sarha Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org

0 comentarios