DESCOBREN UN NIÑO DE OVOS DE DINOSAURO EN HUESCA
Un equipo de paleontólogos españois, portugueses, alemáns e doutras nacións, dirixidos por Miguel Moreno-Azanza, Carmen Núñez-Lahuerta e Eduardo Puértolas (Universidade Nova de Lisboa/Grupo Aragosaurus-IUCA), descubriu un niño de dinosauro con polo menos 12 ovos incrustados nunha rocha do xacemento de Loarre (Huesca).
Os ovos fósiles, que teñen uns 15 centímetros de diámetro e poderían pertencer a titanosaurios, están en perfecto estado de conservación, segundo os expertos. Tardaron 50 xornadas en extraelos de forma segura tras o seu descubrimento.
Un dos ovos / Universidade de Zaragoza
En aras de protexer o prezado fósil para o seu traslado, os científicos utilizaron celulosa escaiola reforzada cunha estrutura metálica e unha cuberta de poliuretano. Agora, quedará á espera de que conclúa a construción dun laboratorio-museo en Loarre, que será o seu fogar de cara ao futuro.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios