O XOTACABRAS
Xotacabras / Imaxe:ibc.lynxeds.com
De seguro que moitos nunca oistes falar deste animal: O XOTACABRAS.
Tanto o seu nome común como o científico (Caprimulgus) fan referencia á crenza segundo a cal se dedican a chupar leite das ubres das cabras.
A súa lenda, que non ten absolutamente nada que ver coa realidade, xorde dos seus hábitos nocturnos e de velos tradicionalmente revoloteando cerca do gando. Calquera ave nocturna é sospeitosa de infinitas maldades na cultura popular, pero neste caso xa hai que botarlle imaxinación para converter a unha ave en mamífero en lugar de optar pola explicación máis sinxela e real: os nosos amigos son aves insectívoras e, xustamente xunto ao gando, os insectos son abundantes. Non lle fan noxos a ningún insecto, aínda que a súa especialidade son as couzas e bolboretas nocturnas. Isto de saír de noite fai que pasen desapercibidos, pero ademais a súa plumaxe é unha excelente camuflaxe que os mimetiza coa súa contorna e convérteos en case invisibles, cousa moi útil porque nidifican no chan.
O Caprimulgus europaeus, é unha ave de 24-28 cm de lonxitude e de 52-59 cm de envergadura, con plumaxe moteado de pardo, branco, ocre, gris ou negro. O seu voo é errático, con cernidos espasmódicos e planeos coas ás en V.
Son migratorios e xustamente estes días comeza a súa viaxe de retorno ás súas zonas de invernada do centro de África. Aquí só nos acompañan na tempada primavera-verán, na crucial época de cría.
FONTE: asturnatura.com e lavoz.es
0 comentarios