SABES DE QUE CIENTIFICO/A ESTOU A FALAR? II
A solución á proposta do día anterior é Albert Einstein ( Ulm-Alemaña, 1879 - Princeton-EE.UU, 1955). O 10 de novembro de 1922 Einstein decatouse da noticia mediante un telegrama pero é que ademais tratábase do Nobel de Física de 1921, que quedara en reserva, pois non se entregou a ninguén ese ano. Foille concedido polas súas achegas á Física Teórica, en especial polo seu descubrimento da lei do efecto fotoeléctrico. Albert Einstein non asistiu á cerimonia de entrega do premio ao atoparse de viaxe en Xapón e deixou á Academia plantada como resposta á turbidez da historia. Einstein pronunciou o seu discurso de aceptación do premio en xullo de 1923. Non falou do efecto fotoeléctrico, senón da relatividade.
E imos coa proposta de hoxe!
2. Trátase dunha muller e as súas investigacións provocáronlle unha enfermidade que acabou causándolle a morte. Foi...
- Jane Godall
- Marie Curie
- María Acha-Kutscher
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es
0 comentarios