Blogia
vgomez

CÓCTEL DE SABERES III

A contestación a pregunta de medicina de onte é Cans. O científico ruso Ivan Pavlov (1849-1936) realizou experimentos con estes animais, cos que descubriu o chamado “reflexo condicionado”, unha forma de aprendizaxe asociativa pola que os cans expulsaban saliva cando o coidador achegábase a darlles de comer mentres facía soar unha campá. Os cans acababan salivando simplemente cando o coidador achegábase aínda que non fose administrarlles comida. Este achado sobre os nosos comportamentos non conscientes valeulle a  Pavlov o Premio Nobel de Medicina en 1904.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Psicoloxía. Que é o complexo de  Edipo?

- Evidencia un sentimento morboso de celos esaxerados.

- Evidencia unha forma peculiar do complexo de inferioridade na que se fai calquera cousa con tal de destacar.

- Evidencia un sentimento romántico/sexual do neno cara á nai, vendo ao pai como rival.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

0 comentarios